Close

BIOLOGÍA

A gráfica de tesoira fai patente un patrón de perda de mulleres científicas a medida que ascendemos na carreira profesional mentres que a taxa de homes se dispara en postos fixos e de responsabilidade. Esta tendencia non mellora dende 2008, de feito empeora e repítese por todo o mundo, con independencia do país e da institución científica.  O punto de inflexión sitúase na franxa de idade na que a muller asume compatibilizar a crianza coa súa carreira profesional, algo que non se reflicte no ascenso profesional dos homes. Esta desigualdade non se debe a que as mulleres carezan de ambición profesional, nin de orixinalidade científica senón a que as medidas para acabar con esta diferencia estrutural inxusta son claramente ineficientes e/ou inexistentes”. 


Mar Sobral, Científica especializada en ecoloxía evolutiva. U.S.C. 2020

No se han encontrado entradas.