Close

ECONOMÍA

“Os primeiros relatos falan de que a vida social estaba gobernada polo dereito materno, a descendencia era matrilineal e moitas sociedades matriarcais. Por que foi destronado o dereito materno? Cal foi o significado do triunfo do dereito paterno? (…). A familia, coa autoridade do pai á cabeza, brindou o modelo e a metáfora das relacións de poder e autoridade de todo tipo. A sociedade política emerxeu a partir da familia patriarcal e identificou a vitoria do pai coa orixe da civilización (…). O patriarcado foi así un triunfo social e cultural. O recoñecemento da paternidade foi interpretado como o exercicio da razón, un avance necesario para sentar as bases do xurdimento da civilización, todo o cal foi tarefa dos homes (…).


O contrato social é unha historia de liberdade, o contrato sexual é unha historia de suxeición. A dominación dos homes sobre as mulleres e o dereito dos homes para gozar dun libre acceso sexual ás mulleres é un dos seus puntos (…). A liberdade dos homes e a suxeición das mulleres créase a través do contrato orixinal, e o carácter da liberdade civil non se pode entender sen a metade desprezada da historia, a cal revela como o dereito patriarcal dos homes sobre as mulleres establécese a partir dun pacto. A liberdade civil non é universal; é un atributo masculino e depende do dereito patriarcal (…). O contrato é o medio a través do cal se constitúe o patriarcado moderno.”


Carole Pateman, O Contrato Sexual, 1988.

No se han encontrado entradas.