Close

GALEGO

I

Daquelas que cantan as pombas i as frores

todos din que teñen alma de muller,

pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¡Ai!, ¿de qué a teréi?


III

Tal coma as nubes

que impele o vento,

i agora asombran, i agora alegran

os espazos inmensos do ceo,

Así as ideas

loucas que eu teño,

as imaxes de múltiples formas,

de estranas feituras, de cores incertos,

agora asombran,

agora acraran,

o fondo sin fondo do meu pensamento.


Rosalía de Castro, Follas Novas 1880

Non se atoparon artigos.