Close

VALORES

Revisar o guión da vida implica analizar diferentes dimensións da existencia relacionadas co desexo, as crenzas e as eleccións. Por iso o traballo non é nin rápido nin sinxelo. Redefinir a propia identidade, as crenzas e os permisos que nos damos en relación con cuestións importantes da vida como parella, o sexo ou o pracer. O noso futuro como seres humanos depende de moitas cousas que están fóra das nosas posibilidades como individuos, pero non convén esquecer que a propia responsabilidade é un factor fundamental. Esa responsabilidade exprésase na vontade e na capacidade de xerar cambios no noso interior e nas propias circunstancias. E, sobre todo, na determinación para asumir a dirección da propia vida realizando as transformacións, as demandas e renuncias que sexan necesarias. Porque, se cadra, a consecución da verdadeira liberdade chega cando somos quen de renunciar ao que somos a favor do que podemos chegar a ser.”


Chis Oliveira e Amada Traba, Am@me 2018

No se han encontrado entradas.